Benvidos ao IES Sánchez Cantón
Dom, 03/26/2023 - 17:54 Anónimo
ies.sanchez.canton@edu.xunta.gal
Roteiro cultural e monumental por Pontevedra
Ven, 06/20/2025 - 20:03 veromar
O pasado martes 17 de xuño, o alumnado de 2º C realizou un roteiro cultural en Pontevedra acompañado polas profesoras Lucía Graña Molina e Mª Esther del Castillo Fondevila, ademáis do cuidador Carlos Lago García.
Visitamos as ruínas de San Domingos facendo fincapé na súa cabeceira de cinco ábsidas, como único exemplo desta tipoloxía en Galicia. De continuo explicouse a posición que ocupaba a muralla na cidade e como esta foi derribada no século XIX coa escusa da modernización da cidade para permitir a súa expansión, e neste marco, falamos da creación dunha nova cidade dacordo cos novos tempos. Propuséronse outros derribos coma o do convento de San Domingos, o das Torres Arcebispais ou o desaparición da Igrexa de San Bartolomeu o Vello, onde se construiu o Teatro Principal e o Liceo Casino, ou tamén a desaparición do Hospital de San Xoan de Deus ou a da Capela da Virxe do Camiño.
Vimos a Casa das Campás, a Casa do Masón, o Teatro e merendaron os rapaces e rapazas sentados nas escaleiras de acceso ao Casino.
Logo, asomámonos a ver os escasos restos que quedan dunha construcción singular que houbo en tempos nesta vila, e que sorprendeu moito ao alumnado: o convento das Emparedadas, disciplina relixiosa que podemos atopar en moi poucos lugares da xeografía española, dada a súa rixidez, xa que as relixiosas eran emparedadas voluntariamente en vida ata a súa morte.
Dalí pasamos pola Praza do Teucro observando as casas nobres blasonadas que se atopan nela, e o Palacio que se mandou construir para o rei Fernando VII, o cal nunca ocupou.
Subimos ata o Cruceiro das Cinco Rúas, vimos a casa onde viviu Valle Inclán e continuamos cara a Rúa Real, pasando pola Fonte dos Tornos ata o lugar onde se ubicaba o Hospital de San Xoan de Deus, do que non conservamos restos. No seu antigo solar construíuse a Capela neogótica das Ánimas.
Pola rúa do Arco chegamos a Praza de Méndez Núñez coa monumental Casa dos Muruais, e seguimos o percorrido ata a Praza da Verdura, para ver as antigas prazas onde tiñan lugar mercados especializados e na que se conserva a Casa da Luz, que proporcionou electricidade á cidade nos comenzos da súa utilización.
Seguimos cara a San Bartolomeu, antiga Igrexa e Colexio dos Xesuitas, vendo os diferentes edificios que hoxe ocupan as dependencias do Museo. Baixamos polos Arcos de San Bartolomeu, contrafortes que se engadiron e serviron para evitar o desplome da Igrexa tras sufrir os efectos do terremoto de Lisboa, para dirixirnos á praza da Pedreira onde vimos o Pazo de Mugartegui que hoxe da nome a esa praza.
De ahí dirixímonos á praza da Ferraría, cunha pequeña parada na Praza da Leña, e alí observamos o Convento de San Francisco coa súa igrexa gótica que non pudimos visitar por estar pechada.
Fumos a Peregrina na que entramos e disfrutamos desa orixinal pranta en forma de cuncha de vieira e desprazámonos cara a Santa María, da que, por estar en restauración e pechada, pouco vimos.
E xa iniciamos o regreso ao centro indicando o lugar que ocupaban as desaparecidas Torres Arcebispais, das que se conserva parte do foso musealizado. Baixando pola rúa Arcebispo Malvar observamos un pequeño tramo de muralla que aínda conserva as almenas orixinais e explicamos un pouco a importancia do Arrabalde da Moureira e do Gremio de Mareantes.
Por último, fixemos unha pequeña parada nos xardíns que hai diante da actual Facultade de Belas Artes e que fora no seu día A Real Casa da Maestranza, para logo pasar a ser o Cuartel de San Fernando e pola Alameda, dirixímos ao Instituto para concluir a actividade.
Pica no álbum para ver as fotos
Álbum: Curso 24/25 -> Roteiro de arte en Pontevedra
A danza dos medos
Ven, 06/20/2025 - 19:48 veromar
O venres pasado, 13 de xuño, preto de 200 alumnos 1º e 2ª ESO, Proxecto Competencial, Oratoria, EDLG e CI puido gozar dun maravillosos espectáculo titulado "A danza dos medos", da Asociación Cultural Barriga Verde e Títeres Cachirulo. Alén de estar presente Galicia, este proxecto multicultural ten tamén raíces arxentinas, mexicanas e colombianas.
A danza dos medos amósanos o baile dos sentimentos e das emocións mergulladas na adolescencia: o fracaso, a incomprensión, a angustia mais tamén a empatía, o amor, agarimo, a dozura ou a ilusión. Lingua galega, igualdade e o emocionario adolescente foron as tres claves polas que o EDLG e o CI apostou ao traer ao centro este espectáculo como iniciativa final de curso.
Pica no álbum para ver a foto
Álbum: Curso 24/25 -> A danza dos medos
Calendario e documentación (Curso 2025/26)
Mar, 06/17/2025 - 20:04 crblanco
CALENDARIO DE MATRÍCULA
Curso 2025/26
2º Bach | 23 - 24 XUÑO |
1º BACH | 25 - 26 XUÑO |
4º ESO | 27 - 30 XUÑO |
3º ESO | 1 - 2 XULLO |
2º ESO | 2 - 3 XULLO |
1º ESO | 3 - 4 XULLO |
- Cubrir todos os datos da portada do sobre de matrícula.
- Unha vez debidamente cuberta a portada, facer fotocopia e introducila no sobre.
- Dúas fotografías recentes tamaño carné co nome ao dorso, (tres os novos alumnos).
- Xustificación de aboamento do Seguro Escolar para o alumnado de 3º e 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato.
Antes de formalizar a matrícula, o/a alumno/a deberá ingresar a cantidade de 1,12 € correspondentes ó Seguro Escolar, nas oficinas de ABANCA, c/c nº ES18-2080-5401-51-3040121097 a nome do IES Sánchez Cantón.
O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO NON PAGA SEGURO ESCOLAR
ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMERA VEZ NO CENTRO:
- Fotocopia do DNI e fotocopia do libro de familia completo.
- Fotocopia da tarxeta da Seguridade social.
- Orixinal e fotocopia das cualificacións do último curso.
O alumnado procedente do estranxeiro ou doutra Comunidade pode solicitar EXENCIÓN DE GALEGO. Deberán encher a solicitude e acompañar fotocopias compulsadas dos estudios realizados nos últimos catro anos.
IMPRESOS A CUBRIR E PRESENTAR:
- Autorización para realizar actividades de educación física na contorna do centro(alumnado de ESO e 1º Bach).
- Autorización para realizar actividades de educación física na contorna do centro(alumnado de ESO e 1 Bach)
- Autorización para saída durante o recreo e a primeiras e últimas horas(alumnado Bacharelato).
- Autorización Proxecto AQUEJUGAMOS(alumnado 1º ESO).
- Impreso de inscrición na ANPA.
Manual para matrícula en liña.
Visita á Fundación Manuel Moldes
Mar, 06/17/2025 - 18:02 veromar
O alumnado de 4º ESO E (CGTD) e 1º bacharelato que cursa Debuxo Artístico, visitou o pasado xoves 29 de maio a Fundación Manuel Moldes acompañado polos seus profesores Ernesto González Torterolo e Juan Manuel Álvarez Guillán.
Pica na foto para ver o álbum
Álbum: Curso 24/25 -> Visita á Fundación Moldes
Premios extraordinarios de ESO
Lun, 06/16/2025 - 19:13 crblanco
- 1 adxunto
O IES Sánchez Cantón seleccionado para participar na Maker Faire Galicia
Lun, 06/16/2025 - 18:19 veromar
O Club de Ciencia está de noraboa porque un proxecto do IES Sánchez Cantón foi seleccionado para participar na Xornada de Emprendemento e Innovación Social da Maker Faire Galicia, que se celebrou en Área Central (Santiago de Compostela) o pasado sábado 14 de xuño.
O proxecto consistíu inicialmente en crear moldes das dovelas dun arco a partir do seu deseño no ordenador e a súa conversión nun deseño 3D para ser impreso nunha impresora 3D. O obxectivo desta parte do proxecto era que os alumnos e alumnas deseñasen arcos e obtivesen as dovelas ou partes dos arcos utilizando morteiro como material. Posteriormente, algo que non chegou a levarse a práctica, eses arcos usaríanse para comprobar experimentalmente o comportamiento de cada tipo de arco o ser sometido a cargas e as diferencias de comportamiento de diferentes tipos de arcos ó ser sometidos a cargas ou pesos.
Durante o desenvolvemento do proxecto dos arcos, xurdíu a idea de confeccionar cortadores de teselas para confeccionar mosaicos.
O proxecto foi presentado na Maker Faire Galicia nun stand onde estiveron os alumnos de 1º de Bacharelato Roque Díaz Sánchez, Yago Ezquieta Araújo e Iván Iglesias Fariña.
https://makerfairegalicia.es/proyecto-xeracion-moldes-arxila/
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2025/06/13/alumnos-sanchez-maker-faire-118573076.html
Pica na foto para ver o álbum
Álbum: Curso 24/25 -> Maker Faire Galicia
Debuxando con Kiko Dasilva
Xov, 06/12/2025 - 19:59 veromar
Este xoves, 12 de xuño, o alumno de 3 ESO C, Santiago Oliveros, tivo o privilexio de visitar O Garaxe Hermético e ter a Kiko da Silva de guía, ao que só podemos agradecer enormemente a súa atención.
Pica na foto para ver o álbum
Álbum: Curso 24/25 -> Con Kiko Dasilva
Raxó en kayak
Lun, 06/09/2025 - 08:07 veromar
A excursión foi unha experiencia estupenda para o alumnado. Chegamos á praia de Raxó, onde nos esperaban os monitores/as da empresa, que nos deron o material para as actividades, repartíronnos en grupos e ... á auga!
Aínda que o clima non acompañou por mor dos ventos racheados, tivemos monitores moi experimentados que nos foron explicando como aproveitar ese vento para desprazar o veleiro. As tres actividades (paseo en kaiak, clase de vela e a banana) formaron un tándem ideal de aprendizaxe e diversión.
Unha vez finalizadas as actividades, comemos na praia e pasamos a tarde facendo diferentes xogos e deportes con total liberdade; todos e todas realizaron actividade física nese tempo libre, o cal enche ao departamento de Educación Física de orgullo.
Unha vez chegado o momento de regresar ao centro, tivemos unha premisa clara: deixar a praia tal e como estaba ou mellor. Recollemos todos os residuos que producimos e depositámolos no contedor. Así, demos por finalizado un día en contacto co medio natural.
Pica na foto para ver o álbum
Álbum: Curso 24/25 -> Raxó en kayak
Correlingua 2025
Xov, 06/05/2025 - 14:26 veromar
O alumnado de 2º e 3º de ESO participou o pasado xoves 29 de maio, na décimo octava edición do Correlingua, xunto con outros centros da cidade e da contorna. Xuntos recorreron as rúas da cidade nesta andaina pola lingua que rematou cun concerto dos John Deers na Alameda.
Está iniciativa desenvólvea aAsociación Cultural Correlinguaorganizando unha actividade de carácter nacional que transita dunha a outra localidade cun denominador común que é a normalización lingüística da mocidade e a infancia. Para isto contan coa axuda loxística da CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, así como coa colaboración das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo e os concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo, entre outros.
https://www.pontevedraviva.com/gl/correlingua-2025_10457_113/4828631.html
Pica na foto para ver o álbum
Álbum: Curso 24/25 -> Correlingua 2025
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »